sábado, 29 de março de 2014

Paneuropa

Quero perderme na vella Europa unha outra vez

naufragar nas costas húngaras
darlle de comer (na mau) aos bisontes de Polonia
que me recibe ben

bañarme nas augas tépedas da estepa

volver a andar
erguer a testa

e mirar
pouco a pouco cara a adiante
cara ao Zukumpf

ir e vir
voltar a Saint-Malo, coma Caramurú
despertar nos límites de min mesmo

recoñecerme

e saber que América Latina
Eurasia
Oceanía
ou sexa
todo
non son máis ca representacións fonéticas
do que está Sendo e que
ben, ben
non sabemos para onde vai