Paneuropa
Quero perderme na vella Europa unha outra vez
naufragar nas costas húngaras
darlle de comer (na mau) aos bisontes de Polonia
que me recibe ben
bañarme nas augas tépedas da estepa
volver a andar
erguer a testa
e mirar
pouco a pouco cara a adiante
cara ao Zukumpf
ir e vir
voltar a Saint-Malo, coma Caramurú
despertar nos límites de min mesmo
recoñecerme
e saber que América Latina
Eurasia
Oceanía
ou sexa
todo
non son máis ca representacións fonéticas
do que está Sendo e que
ben, ben
non sabemos para onde vai
entreopicoeaportela
sábado, 29 de março de 2014
segunda-feira, 19 de março de 2012
Ou se non
A vontade inmensa de facer unha boa pira
unha Cruz dos Farrapos xeitosa
como cómpre
comme il le faut
e queimar entón as roupas todas
os libros
as caixas de cartón e os plásticos
Unha como ofrenda dos tempos das antas
dos emperadores mexicas
(Moctezuma Xocoyóztlin, Moctezuma Ilhuicamina)
como ofrenda normanda dos wersekers
dos coitados amantes de Budha no Ganxes perpetuo
e porlle lume a este eu
que relambe as feridas da lingua
como promesas de presentes que non foron nin serán
domingo, 11 de março de 2012
Est'ano
Est'ano non neva
Pechan as fábricas
e os estaleiros do país
Os meus amigos fan mastres
As miñas amigas fan masters
Este ano veu a primavera antes de tempo
coma un invitado que te colle coa cara aínda sen lavar
Os estorniños (paxaros do frío) fan
polo demais
compañía poética e sentimental cos seus voos melifluos
coma motos de neve caladas pola tarde
segunda-feira, 23 de agosto de 2010
A noite máis clara
sexta-feira, 26 de fevereiro de 2010
Assinar:
Postagens (Atom)
