unha Cruz dos Farrapos xeitosa
como cómpre
comme il le faut
e queimar entón as roupas todas
os libros
as caixas de cartón e os plásticos
Unha como ofrenda dos tempos das antas
dos emperadores mexicas
(Moctezuma Xocoyóztlin, Moctezuma Ilhuicamina)
como ofrenda normanda dos wersekers
dos coitados amantes de Budha no Ganxes perpetuo
e porlle lume a este eu
que relambe as feridas da lingua
como promesas de presentes que non foron nin serán
gústame o poema :-) Mágoa que non escribiras algo o domingo para Poemas antes do lixo. No vindeiro ano espero.
ResponderExcluirEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderExcluirGrazas, Amilamia! Eu que estaba certo de que isto non o lía ninguén! Conta con poema meu pró ano que vén, se por ben é. E que non chova! :D
ResponderExcluir